Select year:
t

10/05/2012

Galicia Confidencial [Sp]: "Paranormal EP" article



 

Linda Guilala, zombis e ciencia ficción

Este sábado 12 de maio Linda Guilala achega a súa proposta á sala Joana´s place da Coruña, fronte á praia de Riazor, e acompañados de When Nalda Became Punk. Dous grupos vigueses expoñentes do mellor indie pop da cidade olívica. Entradas de balde no interior da nova.

 

 

Este próximo sábado a sala Joana's Place, da rúa Pondal da Coruña, acollerá un concerto inédito na cidade herculina. Dúas das bandas máis prometedoras e rebuldeiras da escena viguesa presentan conxuntamente as súas propostas, moi perto do mítico estadio de Riazor, nun concerto organizado e promovido por Audiovisual74, o proxecto comunicativo de Empuje.net, web musical en activo desde o ano 2000, e Axitpop Comunicación, e responsable de reportaxes como "Momentos: Mónica de Nut Trío" e "Yihad Comercial". Rubén Novo, responsable de Empuje e coautor deste artigo, iniciou as súas colaboracións con este medio en días pasados cun artigo sobre 2 na Fronteira.

 

Imaxe promocional de Audiovisual74, de Empuje.net e Axitpop

 

Linda Guilala e When Nalda Became Punk coincidiran a mediados de febreiro nassegundas "Noites Cósmicas" de Fantail e "La casa de arriba", noites viguesas que xa van pola súa quinta edición e que se celebran os terceiros sábados de cada mes. En maio, por exemplo, contarán o próximo 19 co electro-pop oitenteiro, minimalista e vintage de DIADERMIN + LAS TOCAYAS + ALEX CASANOVA.

 

Linda Guilala

 

Das cinzas da Juniper Lúa naceu hai seis anos Linda Guilala. Despois daquel álbum estrea marabilloso, "Bucles Infinitos", que nos deu tantas cancións cheas de sons cósmicos de enerxía e guitarras altas, Linda Guilala preséntanos unha nova referencia que non pode ser máis reconfortante. Un EP de catro cancións para ser lanzado en vinilo de cor púropura cunha temática que xira en torno a fantasía, terror e o paranormal en xeral.

 

Iván e Eva sempre foron bos amantes da serie-B, por"Paranormal EP" pasan ovnis, abominables homes das neves, zombis e todo tipo de criaturas extraordinarias, e a súa música mantense fiel ao seu estilo punk, o seu espírito pop e a súa querencia polo ruído e a distorsión. Así, "Cientos De Ovnis" abre esta nova entrega cun innegable hit de pop electrónico altamente pogueable. Despois chégalle a quenda a "Yeti", unha fascinante canción de soidade e frío, que se move baixo o influxo de THE, JESUS & MARY CHAIN e o espírito do selo Creation.

 

 

A cara B ábrese con "Un Millón De Zombies Más", que mantén certo ambiente shoegazing entre RIDE, LUSH e THE TELESCOPES, e volve penetrar na sensación de soidade, esta vez en metade da multitude. Para pechar, "Existen" ábrese de novo con evocacións a THE HOUSE OF LOVE ou THE WEDDING PRESENT, poñendo a guinda a un EP redondo. Catro cancións cun ritmo inigualable, inmensamente áxil, que fai que esta nova referencia de LINDA GUILALA non poida parar de soar constantemente no reprodutor. Algo, non cabe dúbida, fóra de todo o normal.

 

Por certo, probastes a poñer o vinilo ao revés?

 

Proximamente, When Nalda Became Punk. Fan os ruídos diminutos música diminuta?

 

Joana´s Place (Rúa Pondal 4, A Coruña). Sábado 12 de maIo 22:30 h. 5 euros entrada anticipada (Discos Portobello - Discos Nonis- e en Joana´s Place). Billeteira 7 euros.

 

GAÑA DÚAS ENTRADAS: 

Para gañar hoxe un pase dobre para este concerto só tedes que facer o seguinte: tedes que darlle a "gústame" na nosa páxina de facebook - quen xa lle deu non o ten que volver facer- e inmediatamente escribirnos unha mensaxe a ese mesmo facebook indicando quen organiza esta cita musical antes das 00:00 horas de hoxe. Entre as persoas que respondan sortearemos entrada dobre!!!!

 

Para estar ao tanto e non perderse nada, pasádevos polo facebook de GC Tendencias e dádelle a "gústame". Tamén podedes chiar no noso twitter @GcTendencias.


 


 

 

 

 

 

 

 

 

This website uses owner and from others cookies to improve ours services

If you continue visiting the site, we think you accept the use of them.
You can get more information into Cookies Policy.

Accept